PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

jueves, 25 de mayo de 2017

RUMBO ÁS ILLAS


O día 25 de maio, o alumnado de 6º B, gozamos da  ansiada viaxe a Cíes como gañadores  do concurso nacional das illas atlánticas.


O día presentouse asollado, o equipo entusiasmado e ilusionado por ir ata as Illas e deleitarse no seu contorno. Con aplausos recibimos ao noso compa,  Dylan, que a pouco máis non disfruta deste premio.

Tras a viaxe en barco acompañados por unhas gaivotas planeadoras.


Chegamos ao peirao de Cíes marabillados coas vistas, alí estaba Cati a nosa guía. Tivemos tempo para merendar e prepararnos para a nosa ruta cara a pedra da campá.



Comezamos a nosa andaina pola illa, seguindo ao equipo de exploradores que nos indicaban en cada momento a ruta.

  Na  praia realizamos un xogo de pescuda e recollida de elementos propios/impropios do areal.


Observamos varias especies de flora das illas, coma o feo de mar, a leituga mariña, o cardo ....


Camiñamos cara a pedra da Campá, facendo actividades por equipos, propostas por Cati a nosa monitora.


O último desafío consistía en camiñar en silencio absoluto, para chegar aos cantís onde cría a gaivota patiamarela. Disfrutamos do son do mar e dos chirridos das gaivotas que andaban afanadas facendo os seus niños. E ao fondo a Pedra da Campá.

Aquí conseguimos todas as pezas para completar o quebracabezas que era o desafío final. Fantástico!!! Noraboa equipo!!!




  PARABÉNS polo voso saber estar, respectando o equilibrio natural deste legado que temos en Vigo.  BRAVOOOOO......!!!!