PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

lunes, 27 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

O martes 21 de marzo celebramos o día mundial da Poesía, por iso esta semana  imos  ler e escribir poesía.


Todos os días na entrada do colexio hai cestas con diferentes poesías en galego,castelán e inglés que leremos e utilizaremos para buscar diferntes recursos literarios.

 Hoxe o alumnado colaborador da Biblioteca dedicou a hora de ler a recitar poemas en todas as clases do noso centro.
https://issuu.com/kangurines/docs/skm_c224e17050216070
                                           ( Preme na imaxe para ver as poesías de 6ºB)
FOTOS

Historia do vioín trompeta


Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a vigo a marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
O alumnado do Pombal participou dunha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país.
Con imaxinación e creatividade converteremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Poderemos deixarnos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentres escoitamos o Ave María de Schubert, ou violín trompeta rumorea un foxtrot ou un vals melancólico.
Disfrutamos inmensamente con esta actividade, favoreceu a participación e convidounos ao desenvolvemento da creatividade e imaxinación. BRAVOOOO!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103566607k5861845o1l1/a-marabillosa-historia-do-violn-trompeta
                                       ( Preme na imaxe para ver as fotos da actuación)