PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

martes, 30 de mayo de 2017

Valores sociais e civicos

O alumnado de 6ºB en varias sesións de Valores cívicos e sociais, levaron a cabo diferentes actividades relacionadas coa materia.
Realizaron (en parellas, pequenos grupos e por último grande grupo) presentacións, fotografías, montaxes de video... empregando  as tablets e os ordenadores para a  exposición de traballos . Actividade trasnversal e interdisciplinar relacionada coa expresión oral e a comunicación.


jueves, 25 de mayo de 2017

RUMBO ÁS ILLAS


O día 25 de maio, o alumnado de 6º B, gozamos da  ansiada viaxe a Cíes como gañadores  do concurso nacional das illas atlánticas.


O día presentouse asollado, o equipo entusiasmado e ilusionado por ir ata as Illas e deleitarse no seu contorno. Con aplausos recibimos ao noso compa,  Dylan, que a pouco máis non disfruta deste premio.

Tras a viaxe en barco acompañados por unhas gaivotas planeadoras.


Chegamos ao peirao de Cíes marabillados coas vistas, alí estaba Cati a nosa guía. Tivemos tempo para merendar e prepararnos para a nosa ruta cara a pedra da campá.



Comezamos a nosa andaina pola illa, seguindo ao equipo de exploradores que nos indicaban en cada momento a ruta.

  Na  praia realizamos un xogo de pescuda e recollida de elementos propios/impropios do areal.


Observamos varias especies de flora das illas, coma o feo de mar, a leituga mariña, o cardo ....


Camiñamos cara a pedra da Campá, facendo actividades por equipos, propostas por Cati a nosa monitora.


O último desafío consistía en camiñar en silencio absoluto, para chegar aos cantís onde cría a gaivota patiamarela. Disfrutamos do son do mar e dos chirridos das gaivotas que andaban afanadas facendo os seus niños. E ao fondo a Pedra da Campá.

Aquí conseguimos todas as pezas para completar o quebracabezas que era o desafío final. Fantástico!!! Noraboa equipo!!!




  PARABÉNS polo voso saber estar, respectando o equilibrio natural deste legado que temos en Vigo.  BRAVOOOOO......!!!!


miércoles, 24 de mayo de 2017

Semana do Cómic

Este curso o alumnado de 6ºB no obradoiro de Lingua, en traballo cooperativo, profundizou no estudio, na cración e extructura do cómic; ademáis analizou a presentación, os bocadillos e o textos axeitados. Para a elaboración do seu cómic partimos dun redacción propia .

https://issuu.com/kangurines/docs/obradoiro_c__mic
( Preme na imaxe para ver os seus cómics)

jueves, 18 de mayo de 2017

Actividades LIM - Cíes

Como o próximo 25 de maio imos a Cíes, propoñovos este desafío.
 
http://www.chiscos.net/almacen/lim/cies/lim.swf?libro=cies.lim

RUMBO ÁS ILLAS


https://issuu.com/kangurines/docs/concurso_rumbo___s_illas
 (Preme na imaxe para ver relatos e fotos-escena)
FELICIDADES A TODA A RAPAZADA !!!

         Como vedes o esforzo paga a pena.


FOTOS - ESCENA





jueves, 11 de mayo de 2017

"ANALIZAMOS LAS PALABRAS"

Actividade interactiva de "Lengua Castellana" de análise. Acepta o desafío e comproba todo canto aprendeche....

http://www.educa2.madrid.org/binary/488/files97/flash.htm?numrecurso=4

martes, 9 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

A Real Academia Galega escolleu para homenaxear a CARLOS CASARES MOURIÑO polos seus traballos en favor da nosa lingua.
UN ESCRITOR esencial da nosa literatura comtemporánea.

http://centros.edu.xunta.es/ceipopombal/conmemoracions/letrasgalegas.htm



Pasa palabra sobre a vida e obra do autor homenaxeado no día das letras galegas este ano.


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1493282514/letrasgalegas2017.swf

lunes, 1 de mayo de 2017

Visita ao Centro de Interpretación das illas Atlánticas

O alumnado de 6º de primaria o día 26 de abril, realizaron unha visita a un lugar especial para todos e todas. Tras un percorrido pola cidade (dende o colexio ata o centro) observado a nosa cidade.

Visitaron o Centro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, á nosa chegada fomos acollidos por unhas  monitoras. Despois  dunha breve explicación sobre a temática do centro, formamos grupos e comezamos a nosa aventura polos diferentes arquipélagos que forman parte do parque nacional. Descubrimos a riqueza das illas. Pasámolo Xenial!!!


      
https://goo.gl/photos/Na8cM5YJtxt5bSxt6 
(Preme na imaxe para ver FOTOS das actividades que realizaron dentro)

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=169&Itemid=605&lang=es
( Preme na guía para máis información)