PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

martes, 28 de marzo de 2017

Actividade LIM

O alumnado de 6º en matemáticas estamos traballando a.....
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/matematicas6/estadistica_6/estadistica_6.html
Preme na imaxe e acepta o desafío estadístico.

lunes, 27 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

O martes 21 de marzo celebramos o día mundial da Poesía, por iso esta semana  imos  ler e escribir poesía.


Todos os días na entrada do colexio hai cestas con diferentes poesías en galego,castelán e inglés que leremos e utilizaremos para buscar diferntes recursos literarios.

 Hoxe o alumnado colaborador da Biblioteca dedicou a hora de ler a recitar poemas en todas as clases do noso centro.
https://issuu.com/kangurines/docs/skm_c224e17050216070
                                           ( Preme na imaxe para ver as poesías de 6ºB)
FOTOS

Historia do vioín trompeta


Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a vigo a marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
O alumnado do Pombal participou dunha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país.
Con imaxinación e creatividade converteremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Poderemos deixarnos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentres escoitamos o Ave María de Schubert, ou violín trompeta rumorea un foxtrot ou un vals melancólico.
Disfrutamos inmensamente con esta actividade, favoreceu a participación e convidounos ao desenvolvemento da creatividade e imaxinación. BRAVOOOO!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103566607k5861845o1l1/a-marabillosa-historia-do-violn-trompeta
                                       ( Preme na imaxe para ver as fotos da actuación)


lunes, 20 de marzo de 2017

Charla medio- ambiental




"O MONTE VIVO"


UN PROGRAMA DE DIVULGACIÓN EDUCATIVA PARA A VALORIZACIÓN DO MONTE E A PREVENCIÓN E DEFENSA DOS INCENDIOS FORESTAIS


O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria asistiu a unhas charlas impartidas por persoal especializado, co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.

martes, 14 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 5º e 6º de primaria cada semana adicamos os mércores a ler o xornal. Pescudamos sobre a súa estructura, analizamos a cabeceira, o contido ,o  tipo de noticia, facemonos preguntas, buscamos clases de palabras  ....

                             
Esta semana tivemos o noso quiosco  de compra e venda de Faro de Vigo.

https://photos.google.com/album/AF1QipMiVGZf5rY2Uf-n0OSn4J71QNfci6MB0aCM6MRU
                                                                                      
(Prema na imaxe para ver as fotos)

lunes, 13 de marzo de 2017

Festa do Entroido

Como cada ano celebramos esta festa tan tradicional en Galicia. Aos galegos e galegas gústanos troulear e por iso as nosas entroidadas son espetaculares. Este ano o tema do cole eran os contos e os rapaces de 5º e 6º disfrazáronse de Harry Potter.
http://www.coordinadoraendl.org/entroido/index.php
                                          (Preme na imaxe para saber máis sobre esta festa).

Para ver algunhas fotos nosas disfrazados/as preme AQUÍ.

Preme en POMBAL e verás as fotos  da entroidada  deste ano.

martes, 7 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIAL

O alumnado de 6º de primaria  participou dun obradoiro sobre seguridade vial , resultou  do seu agrado pola proposta innovadora de desprazarse en bicicleta para evitar o cambio climático.
Tras unha chuvia de ideas sobre os pros e contras de ir en bici, o alumando chegou á conclusión que debemos facer algo para protexer o noso planeta.


NÚMEROS ENTEIROS

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/numenteros/enteros_p.html
ACTIVIDADES Nºs ENTEIROS