PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

lunes, 20 de febrero de 2017

Obradoiro de Igualdade de xénero

"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes .
Este  programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. 



https://photos.google.com/album/AF1QipPqv_lFOOxvsq5J61HmwCBgzz66X6BW6bJa0-LY

domingo, 19 de febrero de 2017

SERES VIVOS

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/web_conocimiento/seresvivos/juega.htm

Concerto didáctico “MIGRASóNS”


O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,  co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais, recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  (ETRAD).
            Desfrutamos e participamos cantando: A saia de Carolina,  A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais: zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..