PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

sábado, 19 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos  elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos  para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.


https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE&feature=youtu.be

 Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.

 O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.

Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.

                              FOTOS                        



Visitounos Naranjo

E quen é " Naranjo" ?

Seguro que os afeccionados do Celta que acudiron ao Colexio, sabian quen foi ou xogador revelación da 2ª división a tempada pasada . Este ano fichou polo Celta e contamos que continue connosco varias tempadas.


O alumnado do centro acondicionou o ximnasio como se de unha roda de prensa tratáse, incluídos os xornalistas que lle fixeron algunhas preguntas.
 

Agasallamolo cuns debuxos, dos cales resultaron premiados catro, cunhas entradas para un partido do Celta en Balaídos.




Premio especial ao Comic de Paula Andreu Riba de 6ºB


 Por último firmounos autografos e fixemos moitas fotos.

FOTOS