PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

jueves, 20 de octubre de 2016

SAÍDA - Aterrizaxes verdes

Hoxe o alumnado de 6º de primaria inaugurou as saídas do curso escolar do noso cole. Realizamos unha visita ao aeroporto de Vigo para participar dun programa relacionado co respeito ao medio ambiente. Propuxéronnos varias actividades co fin de lograr estes obxectivos:

Concienciar aos alumnos sobre a importancia de adoptar actitudes responsables co medio ambiente, especialmente na navegación aérea.
Promover a innovación e o pensamento creativo a través da experimentación en primeira persoa e o traballo en equipo.
Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o noso alumnado.
Gozar dunha actividade motivadora na aula que implique a todo o alumnado da clase.


Pasámolo xenial ....!!! Foi unha experiencia innolvidable. 
 Sabías que o aeroporto de Vigo é no único  que se pode visitar a torre de control de todo España?
 Agora toca afrontar o desafío.... 


(Preme na imaxe para ver fotos)

FOTO DE GRUPO