PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

miércoles, 8 de junio de 2016

Visitamos as ILLAS CÍES


O día 2 de xuño, gozamos da nosa ansiada viaxe a Cíes como gañadores do 2º premio do concurso nacional das illas atlánticas.

O día presentouse asollado e o equipo de REBELDES moi entusiasmado e ilusionado por ir ata as Illas e gozar do seu contorno.
Tras a viaxe en barco que para algún neno/a era a primeira vez.

Chegamos ao peirao de Cíes marabillados coas vistas,  ali coñecemos ao noso guía.

Comezamos a nosa andaina pola illa, seguindo ao equipo de exploradores que nos indicaban en cada momento a ruta . Na  praia realizamos un xogo de pescuda e recollida de elementos propios/impropios do areal.


Observamos varias especies da fauna e flora das illas, tema das nosas conferencias e do proxecto de Cíes, como a gaivota patiamarela coas súas crías, o polbo,  o lagarto arnal....

Camiñamos cara a pedra da Campa, facendo actividades por equipos, propostas por Suso o noso monitor.


Andivemos na procura da herba de namorar que se atopa nos cantís das illas.


Foi fantástico percorrer o camiño que seguían os protagonistas do conto colectivo.
Noraboa Rebeldes por todas as fotos que trouxemos das illas, e o máis importante.....



 PARABÉNS polo voso saber estar, respectando o equilibrio natural deste legado que temos en Vigo. BRAVOOOOO......!!!!