PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

jueves, 23 de junio de 2016

VERÁN 2016


 
Onte os REBELDES dicimos adeus  ao curso 2015/16, cantas emocións .... por unha banda a alegría de ter vacacións, de conseguir os obxectivos do curso, por outra banda a tristeza de deixar atrás unha etapa na que formamos unha pequena familia. Canto aprendemos, xogamos, merendamos e máis que nada convivimos . FELIZ VERÁN!!!  E  ATA SEMPRE!!!!




Moi pronto fotos do curso . Estade atent@s


XOGO DAS ILLAS CÍES

 Este mes de xuño o alumnado de 3º e 4º de E. Primara participamos do campeonato do...
 XOGO DAS ILLAS CÍES.




EXCURSIÓN FIN DE CURSO


O venres 10 de xuño, todo o alumnado de E. Primaria compartimos unha experiencia fantástica realizando unha saída as nosas prezadas Illas Cíes .
Para nós será inesquecible... por segunda vez neste mes de xuño tivemos a oportunidade de gozar dá fermosura deste paraíso natural.
 Nesta ocasión collemos rumbo a illa norte ou Monteagudo. A nosa andaína tiña como obxectivo o ALTO DO PRÍNCIPE. Foi unha xornada de convivencia magnífica.

 

                                    
Para ver as fotos preme AQUÍ

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O día 7 de xuño, na biblioteca do cole, tivemos a segunda sesión do obradoiro "Camiña con nós pola igualdade". Falamos sobre a igualdade de oportunidades para os dous xéneros e estableceuse un debate moi interesante.  Os nenos e nenas tamén expuxeron as súas experiencias persoais. Resultou moi proveitoso e entretido.

ANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO

Os REBELDES estamos de festa, este mes celebramos os aniversarios de varios compas.... TEO, NOA CONDE, PABLO, PEDRO e MÓNICA... PARABÉNS A TODOS E TODAS.




miércoles, 8 de junio de 2016

Visitamos as ILLAS CÍES


O día 2 de xuño, gozamos da nosa ansiada viaxe a Cíes como gañadores do 2º premio do concurso nacional das illas atlánticas.

O día presentouse asollado e o equipo de REBELDES moi entusiasmado e ilusionado por ir ata as Illas e gozar do seu contorno.
Tras a viaxe en barco que para algún neno/a era a primeira vez.

Chegamos ao peirao de Cíes marabillados coas vistas,  ali coñecemos ao noso guía.

Comezamos a nosa andaina pola illa, seguindo ao equipo de exploradores que nos indicaban en cada momento a ruta . Na  praia realizamos un xogo de pescuda e recollida de elementos propios/impropios do areal.


Observamos varias especies da fauna e flora das illas, tema das nosas conferencias e do proxecto de Cíes, como a gaivota patiamarela coas súas crías, o polbo,  o lagarto arnal....

Camiñamos cara a pedra da Campa, facendo actividades por equipos, propostas por Suso o noso monitor.


Andivemos na procura da herba de namorar que se atopa nos cantís das illas.


Foi fantástico percorrer o camiño que seguían os protagonistas do conto colectivo.
Noraboa Rebeldes por todas as fotos que trouxemos das illas, e o máis importante.....



 PARABÉNS polo voso saber estar, respectando o equilibrio natural deste legado que temos en Vigo. BRAVOOOOO......!!!!


sábado, 4 de junio de 2016

Visitamos o museo do mar

O pasado mércores o alumnado de cuarto visitou o MUSEO DO MAR. Alí unha monitora acompañounos durante a visita e explicounos moito sobre a vida no mar e os diferentes oficios relacionados co mar; artes de pesca ; diferentes maneiras de conservar o producto do mar.... Finalmente visitamos o acuario, onde observamos a variedade de especies mariñas que habita nas nosas costas.


https://picasaweb.google.com/106492642830674207813/6292217748695528465
                                 (Preme na imaxe para ver fotos)