PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

domingo, 29 de mayo de 2016

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE AS ILLAS CÍES

Como remate final ao  Proxecto Documental que levamos a cabo o alumnado de 3º e 4º , deberedes realizar  as actividades da seguinte aplicación.Ánimo hai que acadalas todas.

lunes, 23 de mayo de 2016

TEATRO ESCOLAR

Como cada ano participamos das  VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar   , nesta ocasión fomo convidados a asistir no  Auditorio do Concello  de Vigo. Parabéns aos actores e actrices. Grazas por deixarnos participar como público.
Visita o recanto de Mik para saber todo sobre as xornadas de teatro, centros visitantes etc....

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

CLASE NO HORTO

O venres da semana pasada baixamos ao horto para plantar berenxenas, cebolas..... a mestra Mariluz explicounos cal é a parte que se come de cada hortaliza. Cada quen puxo a súa planta nun furado e despois regamola. Agora temos que regalas polo menos cando fai moito sol. Agardaremos a setembro para recoller a nosa colleita....





sábado, 14 de mayo de 2016

Aniversario de Igor

Onte celebramos o 10º aniversario de Igor. Agasallounos tocando na  guitarra unha composición propia. Entre todos e todas cantámoslle cumpreanos feliz que foi amenizado polo propio guitarrista. Xenial.....!!! Convidounos tamén a uns apetitosos bombóns... Grazas familia . PARABÉNS!!!
 

viernes, 13 de mayo de 2016

RUMBO ÁS ILLAS!!!

Que alegría tivemos hoxe na aula dos REBELDES, resultamos ser os gañadores do 2º premio do concurso Rumbo ás illas!!! convocado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O premio será unha visita guiada a unha das illas do Parque.

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2.2&uid=28&mailbox=NCZBTG8t&uniq=1463168749077          


 (Preme na imaxe para ver as bases concurso Rumbo ás Illas)





jueves, 12 de mayo de 2016

TIPOS DE PAISAXES

Neste LIM que encontramos buscando imaxes de paisaxes , podedes xogar e aprender... Ánimo REBELDES....
https://dl.dropboxusercontent.com/u/34127977/LIM%20PAISAXES/paisaxes.html

Aniversario de JOEL

O noso compa JOEL  celebrou este luns no cole o seu 10º aniversario.
PARABÉNS !!!! 
Convidounos a dúas tortas de chocolate que estaban riquisssísssimassss....!!!! Foi un pracer compartir contigo este día. Grazas familia.



domingo, 8 de mayo de 2016

SEMANA DA POESÍA

A POESíA  é a protagonista desta vindeira semana. Os  REBELDES preparamos estas poesías do autor homenaxeado no día das Letras Galegas este ano ......
http://www.chiscos.net/almacen/lim/poesia_4_o4/poesia_4_o.html
(Preme na imaxe para escoitar as poesías)

O martes os nenos/as cuarto luciron as coloristas camisetas que pintaron facendo alusión ao poema que ían recitar. Ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos:

https://picasaweb.google.com/100731446003620478278/6283503174790656033
 (Preme na imaxe para ver fotos)

MAIO 2016

Para saber todo sobre a elaboración do maio e a súa tradicional festa no noso cole, visita o RECANTO DE MIK. (Preme na imaxe)
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=141251

sábado, 7 de mayo de 2016

Aniversario de ANA

Onte celebramos o 10º aniversario da nosa compa ANA cunha torta de chocolate que estaba
 riquissssííímmaaaa!!! Tivemos un convidado especial, o seu irmán, SAÚL. Parabéns !!! Grazas familia.


RUMBO ÁS ILLAS!!!!

Os REBELDES esta temporada andamos moi atarefados, aprendendo poesías, pintando camisetas.....
implicadísimos nunha tarefa que planificamos despois da nosa visita ao Centro Cambón .
A proposta era facer un mural sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas, elexímos as nosas Cíes;  proxecto do PDI de terceiro e cuarto de primaria . Queremos compartir a imaxe do mural presentado para dito concurso. Realizarase unha exposición con todos os murais participantes.


     

lunes, 2 de mayo de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR 2016

Un ano máis, os libros foron os protagonistas dunha actividade no patio do centro. Con alegría, emoción e  ilusión.... Grandes e pequenos participamos da festa da lectura  na que compartimos moito máis que historias. 
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=141119
 (Preme na imaxe para visitar o RECANTO DE MIK)

DEPORTE ESCOLAR

O día 28 de abril realizamos unha saída ao pavillón de Valadares para participar dunha actividade física de LOITA ,organizada por deporte galego no seu programa XOGADE, patrocinada pola Xunta de Galicia . Tivemos a oportunidade de compartir xogo co Ceip Sárdoma Moledo.
Pasámolo Xenial...!!!!!
Para ver  imaxes preme AQUÍ .  Agardamos a súa publicación no xornal. Estade atentos/as.