PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

viernes, 18 de marzo de 2016

ANIVERSARIO DE IVÁN

Parabéns Iván...!!!!  polo teu 10º aniversario. Que riquisssssiiiiisssimaaas estaban as tortas coas que celebramos o teu día.


miércoles, 16 de marzo de 2016

Conferencias " El cisne " e " Las mariposas"

O luns rematamos o noso ciclo de conferencias!!! A primeira  experta, Ana Sofía, fixo unha exposición sobre o cisne  na que nos contou curiosas cousas deste  animal. Fixonos unha presentación e de fondo escoitamos " El lago de los cisnes" de Tchaikovsky. Fantástica !!! Grazas polo teu debuxo para este equipo de REBELDES.
A última experta ainda que non menos importante ,Uxía, iniciou a súa exposición cuns versos de Manuel María sobre as bolboretas, que era o tema da súa conferencia. PARABÉNS  a ambas...!!!! Encantounos!!









sábado, 12 de marzo de 2016

Ríos de España

Mapas interactivos

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esparios1eb.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esparios2eb.html

Conferencias " El lagarto ocelado "- " El pez espada" - " El conejo"

Os nosos experta do xoves, foron  Miguel , Iván e Ana, ofreceron unhas conferencias fántásticas sobre o lagarto ocelado, o peixe espada e o coello.
Puidemos coñecer diversos aspectos da súa vida e das costumes destes  diferentes animais.
Aportaron videos e as súas presentacións en power point. Responderon as nosas preguntas e a nosa compa ANA aportounos unha silueta de coello na que escribiu toda a información sobre este curioso animal. Tamén nos endulzou cunhas chocolatinas. Grazas . Parabéns a tod@s...!!!







jueves, 10 de marzo de 2016

Conferencias " La gaviota" e o Alacrán

A gaivota e o alacrán foron os temas das conferencias dos expertos,  Sandro e Joelfalaronnos na súa exposición de dous animais ben diferentes.  Aprendemos moitas cousas interesantes. Responderon ás preguntas que lle formularon os compañeir@s e tamén valoramos positivamente ambas conferencias. Joel realizou un sorteo duns pisapapeis cun alacrán incrutado. PARABÉNS a ambos !!!!










sábado, 5 de marzo de 2016

Conferencia - "Peces Raya"

A RAÍA  foi o tema da conferencia do noso experto IGOR.  Fixo unha fantástica exposición coa que aprendemos moitas cousas interesantes sobre este peixe .Aportou a sorpresa que nos prometera , unha raía que lle mercou seu pai no Berbés para complementar a súa conferencia. Respondeu as nosas preguntas como verdadeiro experto. Moitas grazas por esa sorpresa e PARABÉNS!!!




"Cómo se alimenta una mantarraya"