PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

lunes, 29 de febrero de 2016

Conferencias - " A Quenlla " e " Tartarugas Mariñas"

 Fantásticas conferencias!! Desta vez tivemos moita información sobre as quenllas e as tartarugas mariñas. Hoxe, os nosos expert@s foron Noé e Noa Conde . PARABÉNS, a ambos, fixéstelo estupendamente....!!! Ademáis poidemos degustar unha riquissima torta con forma de tartaruga que Noa elaborou coa súa nai .







jueves, 25 de febrero de 2016

Conferencia - Tritón

experto de hoxe foi PABLO, que  nos falou na súa conferencia sobre o TRITÓN.  Que sorpresa tan fantástica, tróuxonos un precioso tritón que atopou preto da súa casa. Respondeu moi ben a todas as nosas preguntas. Unha vez rematada a conferencia en grupos poidemos observalo coa lupa.  PARABÉNS!!


miércoles, 24 de febrero de 2016

Conferencia - Corvo mariño cristado

Pedro  escolleu o tema do  corvo mariño cristado para a súa conferencia . Na exposición aprendemos moito  sobre este curioso animal en perigo de extinción. Ao rematar a súa ponencia agasallounos cunhas riquissisiimaaassss gallegas enfeitadas cunha imaxe do cormorán. FANTÁSTICO.... PARABÉNS!!



domingo, 21 de febrero de 2016

Fraccións

Nestes enlaces podemos practicar coas fraccións dun xeito máis lúdico.

http://www.aplicaciones.info/decimales/fraccion.htm
Actividades - LIM

Actividades - LIM  

http://wikisaber.es/Contenidos/LObjects/add_sub_frac/index.html

Aniversario de Noé

Celebramos o aniversario de Noé cunhas riquisssissimasss tortas de chocolate. Esta vez aproveitamos para practicar as fraccións e repartimos a partes iguais. Que ben o pasamos....!!! PARABÉNS...!!!
Grazas familia pola vosa colaboración.



lunes, 15 de febrero de 2016

Conferencia "Las hormigas" Lois Pérez Filgueiras

A conferencia de hoxe tratou sobre as formigas e o experto  foi Lois. Que cousas tan interesantes nos contou!! Falounos das diferentes formigas e da súa función no formigueiro.  Despois de rematar a súa exposición, respondeu a todas as nosas preguntas con moita seguridade e demostrounos que é un verdadeiro experto. Noraboa LOIS...!!!


sábado, 13 de febrero de 2016

Conferencias " Los caballitos de mar " e " Aloe vera "

Tras as vacacións de Entroido continuamos coas conferencias de hoxe:
os cabaliños de mar e  aloe vera; e os expert@s que nos explicaron moitísimas cousas foron Daniela e Anxo . Ademáis da información que nos achegaron, puidemos gozar dunhas deliciosas galletas con forma de cabaliño de mar feitas por Daniela; Anxo ensinounos a planta de aloe vera , e agasallounos cun xabón feito por el. Tamén na súa conferencia falounos da receita para a elaboración do xabón. PARABÉNS a ambos, gustounos moito!!!
(Atentos pronto estarán as súas presentacións)





Non deixes de ver o video que aportou Daniela da cria de cabaliños de mar nacidos en Vigo.

Noticia deste mes ( Cabaliño de mar nas illas Cíes)

martes, 9 de febrero de 2016

APRENDEMOS XOGANDO

Pasa un intre con este xogo e  os determinantes demostrativos aprenderás.

http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/enero/Unidad_6/actividades/lengua/demostrativo2/frame_prim.swf


Aaahhh...!!! non esquezas escoitar a nosa gravación.

 http://khu.sh/songify_56b257f8bb01d&v2

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Que festaza tivemos hoxe...!!!!, participamos con moito entusiasmo e divertímonos moito. A participación de todos fixo posible, que unha vez máis disfrutemos  dese momento de compartir cos compas, cos mestr@s e coa familia. MESTRES GOLDAR PRESENTA.... ISTO É VIGO.!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=t7vlO-AYHGM

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=139931
Visita o recanto de MIK.
Para facer actividades  relacionadas con esta festa  entra en  RECURSOS ENTROIDO

miércoles, 3 de febrero de 2016

REBELDES POLA PAZ

O grupo de REBELDES quere convertir este mundo nun lugar especial, no que todos teñamos un sitio, tod@s  por tod@s mellorando a convivencia. Elaboramos un mandala cos nosos desexos.
     (Preme na imaxe para ver video)

https://youtu.be/B6CyFsQm-r4

martes, 2 de febrero de 2016

Unha APERTA pola PAZ

No  centro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cunha actividade que relaciona ca praza das apertas en Vigo , obra de Antón Pulido ,desenvolvendo o tema do PDI deste curso: Vigo, unha cidade por descubrir.(Preme na imaxe para ver FOTOS

https://picasaweb.google.com/100731446003620478278/PAZ_1516
O RECANTO DE MIK