PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

miércoles, 7 de diciembre de 2016

O Nautilius e o tesouro de Vigo

Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria do CEIP "O Pombal" fixemos  un percorrido polo Vigo histórico que visitou Jules Verne en 1878 e 1884.Dende a Fortaleza do Castro e O Monumento aos Galeóns afundidos na Batalla de Rande tentamos avistar o submarino "Nautilius"do Capitán Nemo,que seica poida estar recollendo cofres cheos de ouro e prata do tesouro de Rande.
Na Casa Galega  da Cultura,antigo Concello de Vigo sito na Praza da Constitución,recibiunos o Conde Chateu-Renault que nos contou toda a historia da batalla.
Dende alí o Capitán Nemo acompañounos ata o monumento a Jules Verne nas Avenidas.
En "20000 leguas baixo os mares"nos vos perdades o capítulo "A baía de Vigo".

sábado, 3 de diciembre de 2016

REGUEIFAS

Os mozos e mozas de 6º de primaria  participaron nun obradoiro de REGUEIFAS, impartido por Pinto d'Herbón e Lois o Caruncho.
Foi unha xornada especial, divertímonos moito e o máis importante aprendemos a facer coplas cantadas, medindo os versos de xeito natural, empregando rima e ritmo.
Levamos connosco o "tara riro riro riro" que tanto se apega.
Agardamos que estes dous regueifeiros nos conviden ao festival regueifeiro que terá lugar no auditorio do Concello de Vigo o día 20 de Nadal .
https://www.youtube.com/watch?v=yjizyLwyhto&list=PLmx1YJwPPrJefw9KiDiurNEK2qfB4hg6Z&index=4


viernes, 2 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE CINE SUBMARINO

A semana do cinema submarino na súa  26ª edición, renderá homenaxe ao mergullador vigués Alexis Macía, que falleceu na ría.
O certame proxectáse en sesión matinal para escolares.
O alumnado de 6º de primaria tivo a fortuna de poder asistir a un pase para ver dous curtometraxes. O choco na ensenada de S.Simón e Espello líquido.
 Pasamolo Xenial...!!!!
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d81149997k2681744o1l1/cine-submarino-2016



sábado, 19 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos  elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos  para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.


https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE&feature=youtu.be

 Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.

 O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.

Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.

                              FOTOS                        



Visitounos Naranjo

E quen é " Naranjo" ?

Seguro que os afeccionados do Celta que acudiron ao Colexio, sabian quen foi ou xogador revelación da 2ª división a tempada pasada . Este ano fichou polo Celta e contamos que continue connosco varias tempadas.


O alumnado do centro acondicionou o ximnasio como se de unha roda de prensa tratáse, incluídos os xornalistas que lle fixeron algunhas preguntas.
 

Agasallamolo cuns debuxos, dos cales resultaron premiados catro, cunhas entradas para un partido do Celta en Balaídos.




Premio especial ao Comic de Paula Andreu Riba de 6ºB


 Por último firmounos autografos e fixemos moitas fotos.

FOTOS                                                  

martes, 15 de noviembre de 2016

Primeiros auxilios

O alumnado de 6º de primaria maña participará dun curso de reanimación cardiopulmonar para nenos.
A actividade levaráse a cabo durante as dúas sesións de Educación Física e estará a cargo da Dra. Elisa M. Ausín, mamá dun alumno do noso centro, que se prestou amablemente a colaborar neste obradoiro de primeiros auxilios.
SALVEMOS  VIDAS...!!!!!
 FOTOS

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Festa do samaín

Chegando estes días de Samaín/Halloween, o alumando do Pombal  baleiramos cabazas para facer unha exposición nas diferentes entradas. Decoramos con caveiras, morcegos, pantasmas.... E os maiores andivemos polas aulas cantando e recitando adiviñas...

 
Tamén degustamos merendas terroríficas

PROXIMAMENTE VIDEO DE ADIVIÑAS E FOTOS . ATENT@S ...!!!

martes, 25 de octubre de 2016

SAMAÍN

Coa chegada do mes de santos celebramos o Samaín ,  é unha antiga festividade céltica .Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el do ano novo.






http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

http://www8.agame.com/mirror/flash/c/creepy_coloring.swf?gp=1

Obradoiro de cabazas

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptorreilla/?q=system/files/receitas_cabazas.pdf
(Recetario)

RECUSOS PARA O SAMAÍN

jueves, 20 de octubre de 2016

SAÍDA - Aterrizaxes verdes

Hoxe o alumnado de 6º de primaria inaugurou as saídas do curso escolar do noso cole. Realizamos unha visita ao aeroporto de Vigo para participar dun programa relacionado co respeito ao medio ambiente. Propuxéronnos varias actividades co fin de lograr estes obxectivos:

Concienciar aos alumnos sobre a importancia de adoptar actitudes responsables co medio ambiente, especialmente na navegación aérea.
Promover a innovación e o pensamento creativo a través da experimentación en primeira persoa e o traballo en equipo.
Fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o noso alumnado.
Gozar dunha actividade motivadora na aula que implique a todo o alumnado da clase.


Pasámolo xenial ....!!! Foi unha experiencia innolvidable. 
 Sabías que o aeroporto de Vigo é no único  que se pode visitar a torre de control de todo España?
 Agora toca afrontar o desafío.... 


(Preme na imaxe para ver fotos)

FOTO DE GRUPO

lunes, 10 de octubre de 2016

ORTOGRAFÍA

¿Tenéis problemas con la Ortografía? Aquí dejo un recurso de La Comunidad de Castilla y León para aprender de una forma divertida la acentuación, la puntuación, casos especiales…, así que ¡a jugar!

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/13_elemental_watson/index.html

domingo, 25 de septiembre de 2016

BENVID@S ALUMN@S DE 5º E 6º DO POMBAL

Kangurines dalle a benvida ao alumnado do Pombal que formará parte da súa historia. Xuntos atoparemos actividades interactivas, información, xogos e unha morea de experiencias que compartiremos neste vindeiro curso.





ATA SEMPRE MESTRES GOLDAR

Kangurines acaba de dar un longo salto para deixarse cair noutro barrio dá nosa fermosa cidade de Vigo . Leva moitas lembranzas e grande agarimo do equipo de Mestres Goldar. Rebeldes non esquezades que Kangurines sempre será o voso Blogue. O meu correo é  kangurines5@gmail.com

Conferencias - Illas Cíes - Rebeldes

https://www.youtube.com/watch?v=j32m8GZt-2k&index=17&list=PLmx1YJwPPrJfCxKuvfSsHhlsLXsdESRFI
Preme na imaxe e poderás ver todas as conferencias do equipo de Rebeldes sobre a fauna e flora das Illas Cíes.