PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Felices Festas


Estas son as nosas postais para o concurso da naviera.



Cos nosos mellores desexos para  este NADAL.

viernes, 18 de diciembre de 2015

Aniversario de Noa González

Este mes celebramos o aniversario de NOA  G.  Cantámoslle unhas cancións e trouxonos unhas tartas de "huesitos " e moitas lambetadas para todos.
PARABÉNS NOA ....!!!

AMIG@ INVISIBLE

 Este NADAL  os REBELDES  participamos  dunha experiencia máxica, con alegria, ilusión e cariño elaboramos os agasallos para un  amig@ invisible. PARABÉNS !!!!!



sábado, 12 de diciembre de 2015

ANIVERSARIO DE MIGUEL

Este mes de Nadal,  o noso compa Miguel celebrou o seu décimo aniversario.... PARABÉNS  MIGUEL!!! Foi fantástica a sorpresa que a súa familia tiña preparada para a clase dos REBELDES.


jueves, 10 de diciembre de 2015

ANIVERSARIO DE ALEJANDRO

PARABÉNS   ALEJANDRO!!!!!   Que marabilla...!!!! O día da celebración do teu aniversario, con música en directo. Felicidades  Igor!!! polo teu arte musical.





lunes, 7 de diciembre de 2015

O aparato locomotor

http://musicaq.net/mq.php?id=TyBFc3F1ZWxldG8gLSBNaWdhbGxhc3xOekV4WWpRM05RPT0%3D
Preme no esqueleto para escoitar e bailar con Migallas, esta canción que te axudará a aprender os ósos do corpo.



miércoles, 25 de noviembre de 2015

lunes, 16 de noviembre de 2015

Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade

Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial". Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Para participar podes ler as bases AQUI
http://www.farodevigo.es/especiales/islas-cies-patrimionio-humanidad/
Preme na imaxe para acceder a web

Prehistoria

PARABÉNS  REBELDES!!!!!
                                                
http://issuu.com/kangurines/docs/prehistoria?e=3011435/31115452



                       








GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

Maña celebramos a nosa tradicional festa do magosto, os profes  andamos atarefados preparando uns xogos para este día. REBELDES,  non esquezades os vosos cestiños para as castañas....!!!!! . Xa temos na aula algúns ben  aquelados. Así que, maña todos e todas preparados para disfrutar e xogar.......!!!!


 Maña faremos máis fotos deses cestiños tan xeitosiños que ides traer.......
 Recopilación de recursos ( preme na imáxe)

https://sites.google.com/site/outonomagosto/home

FOTOS MAGOSTO 2015

martes, 3 de noviembre de 2015

A GAIVOTA ANTÓN

A vosa tarefa,despois da visita ao Centro Cambón, será  ler o conto. A GAIVOTA
  A NTÓN: Ánimo REBELDES de seguro que vos gustará...!!!!




Para descargar, clic AQUÍ

miércoles, 28 de octubre de 2015

Aniversario de Nerea

O pasado venres celebramos o aniversario de Nerea cunha torta de chocolate e nata riquississiiimmmmaaa...!!!!   Parabéns Nerea....!!!!


                       

Saída Escolar : Centro Cambón


O alumnado de 3º e 4º hoxe realizaron unha visita a un lugar moi, moi ... especial para todos e todas.
Visitaron o Centro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, á nosa chegada fomos acollidos por unhas  monitoras, tras unha breve explicación sobre a temática do centro, formamos grupos e comezamos a nosa aventura polos diferentes arquipélagos que forman parte do parque nacional. Descubrimos a riqueza das illas. Pasámolo Xenial.       
   
https://picasaweb.google.com/lh/albumMap?uname=106492642830674207813&aid=6210791391739691233#map

                                                  (Se queres saber máis preme na guía)  
         

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=169&Itemid=605&lang=es
               (Preme  na imaxe de entrada o centro Cambón para saber máis)

  http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/documentos/centrovisitantes_cambon_castellano.pdf
 FOTOS

lunes, 26 de octubre de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

"Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario do salón de actos para o espectáculo de " ROCK  EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.Gozamos coas actividades desta xornada de reapertura da nosa biblioteca.
Se queredes averiguar todo o que sucedeu.....
ese día preme na frecha   
FOTOS REBELDES


lunes, 19 de octubre de 2015

Aparato respiratorio



Identifica  e coloca no seu lugara as partes do aparato respiratorio.

http://www.skoool.es/content/sims/biology/breathing_and_respiration/launch.html

" Juego de las partes del aparato respiratorio "

http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_nat_sistema_respiratorio.html

miércoles, 7 de octubre de 2015

NÚMEROS ROMANOS

Ola REBELDES !!!   Hoxe  pola maña , en matemáticas, lembrades estivemos aprendendo os números romanos. Agora temos que aplicar as catro normas  xerais. Ánimate a xogar  con estas dúas propostas. 

http://www.elabueloeduca.com/aprender/matematicas/romanos/numeros_romanos.html


http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/203/html/datos/05_rdi/U01/02.htm

miércoles, 16 de septiembre de 2015

viernes, 11 de septiembre de 2015

BENVIDOS A 4º DE PRIMARIA

Xa está aquí un novo curso!!!! O equipo de REBELDES está disposto a seguir compartindo xogos, alegría, entusiasmo e moita ilusión . Aprenderemos  xuntos ...!!! De seguro que neste curso o pasaremos moi ben!!! 

sábado, 20 de junio de 2015

Formamos un gran equipo....


PARABÉNS A TODOS E TODAS POLOS EXCELENTES RESULTADOS....!!!!  BOAS VACACIÓNS...!!!
                                                                Momentos Rebeldosos
 http://issuu.com/kangurines/docs/curso_2014-15?e=3011435/13687566


jueves, 18 de junio de 2015

ANIVERSARIO DE TEO

Hoxe TEO compartiu con todos os compañeiros e compañeiras unha apetitosa torta de chocolate para celebrar o seu cumpreanos. Estaba riquísima. PARABÉNS, TEO !!
Foi un pracer compartir contigo este día.

 

Esta semana.......!!!!!



 
Visita

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

miércoles, 17 de junio de 2015

DONUTS

 A conferencia de NOA CONDE VILLAR  tratou sobre OS DONUTS. Que cousas tan interesantes nos contou!! Falounos da  elaboración ,da  procedencia e  dos diferentes tipos, cuberto de azucre derretido, chocolate ou outros sabores .  Despois de rematar a súa exposición, convidounos á degustación dun donuts para celebrar o seu próximo aniversario que será no mes de agosto. PARABÉNS  NOA, pola túa interensante conferencia e moi sabrosaaaaaaaaaaaa...!!




sábado, 13 de junio de 2015

Saída Fin de Curso

Os REBELDES  xunto co resto do alumnado de Primaria, acompañados polos  mestres do centro, o pasado día 5 de xuño realizou unha preciosa visita a Padrón e Santiago. Foi un día soleado que nos permitiu  visitar distintos lugares como a Casa-Museo de Rosalía de Castro, o Xardín Botánico de Padrón, Praza do Obradoiro, Catedral de Santiago, Praza da Quintana...Para finalmente xantar no Parque Granxa do Xesto.
Pasámolo en grande ....!!!

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestresgoldar/galeria/displayimage.php?album=48&pos=9

Para ver FOTOS preme na imaxe.

TAEKWONDO

A conferencia de ANA  GONZÁLEZ DURÁN , tratou sobre o taekwondo, deporte que practica e que lle encanta. Aportou información sobre este deporte e tamén nos fixo un demostración practica. GRAZAS ANA ...!!! por compartir con todos/as  o teu entusiasmo polo taekwondo.









sábado, 6 de junio de 2015

O ÓBOE

A Conferencia de Candela Barcala Costas tratou sobre o óboe, instrumento musical que está aprendendo a tocar. Que cousas tan interesantes nos contou !!!!!  Falounos da evolución histórica deste instrumento, das súas partes.....Rematou a súa conferencia tocándonos unha escala. BRAVO,  CANDELA...!!!!



viernes, 5 de junio de 2015

Xornadas de Teatro

OS  REBELDES VAN DE  XIRA , así se titula un artigo que escribimos para a revista escolar sobre a nosa participación nas Xornadas de teatro Interescolar.  Representamos xunto aos nosos compas de 4º a obra DESLUMBRADOS no auditorio do Concello, vistamos dous coles ; o  Seis do Nadal e O Pombal. Lembraremos sempre estas xornadas con un BRAVO!!! pola CONVIVENCIA.
Onte clausuramos a nosa andaína  polo mundo do espetáculo, facendolle unha representación da obra para os compas de Infantil. Pasámolo Xenial....!!!! O curso que ven voltaremos....!!!!

 
Para ver máis visita o Recanto de Mik

viernes, 29 de mayo de 2015

Visita de RAMÓN CARIDE

Hoxe , día 29 de maio, visitounos o autor do libro que estivemos lendo,  As viaxes de Ruki.
A súa charla foi distendida, tivemos ocasión de facerlle moitas preguntas que nos aportaron máis información sobre a súa vida e o seu libro. Recibímolo  con este mural das obras plásticas que elaboramos .

Para ver Presentación dos debuxos preme aquí. Moi pronto as FOTOS.

lunes, 25 de mayo de 2015

Viva a Democracia...!!

Os Rebeldes dende hai uns dias andan animados participando activamente do sistema democrático que se leva a cabo na nosa comunidade . Por iso.... recollemos información, papeletas......
e prestamos atención de como se realizan as eleccións municipais. Preparamos as nosas candidaturas e fixemos campaña electoral para elexir Alcalde e concelleiro na nosa aula.
Hoxe fixemos as  votacións ,seguindo o protocolo habitual do sistema democrático e saíron elexidos : como Alcalde Teo Piñeiro Agulla e como concelleiro Sandro Buyo RodriguezParabéns a todos e todas polo interese e participación....!!


Podes ver  FOTOS das eleccións.

viernes, 15 de mayo de 2015

EXPERIMENTAMOS.....

Empregamos o método científico para realizar experimentos relacionados coa PDI sobre a LUZ. Os REBELDES somos moiiiii....... curiosos e andamos na procura  de experimentos.Tomamos notas dos materiais necesarios, de como realizalos e damoslle unha explicación - QUE  SUCEDE?

 
Verás os videos premendo nas estrelas.

miércoles, 13 de mayo de 2015

ANIVERSARIO DE IGOR

Hoxe celebramos  o 9º  aniversario de Igor cunhas cancións e unha torta de chocolate que el mesmo fixo con axuda da súa nai . PARABÉNS ......!!!!! Estaba riquísssssima .....
Foi un pracer compartir contigo este día.


DIA DO LIBRO

Este ano no Día do Libro , os REBELDES   foron as madriñas e padriños lectores, a lectura espallouse por todo o centro, convertindo o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía e de maxia.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Cando a música cesou, o aire encheuse de historias fantásticas.  Ao rematar a actividade, alumnado e profesorado regresamos ás nosas aulas cunha agradable sensación. 







Preme AQUI para ver FOTOS

lunes, 11 de mayo de 2015

Experimentos con Luz e Cor

Hoxe os alumnos/as de 4º nos presentaron uns novos experimentos dentro do PDI sobre a luz.
Permitirá comprender dúas propiedades da luz: a reflexión e a refracción.







Experimenta: Creando unha pequena lente..... Parece MAXÍA......!!!
Investiga - Por que vemos a canica flotando na auga? 

Experimentos caseiros/ VIDEO

ANIVERSARIOS DE ANA E JOEL

O pasado Venres día 8 Celebramos o aniversario de ANA e hoxe o de JOEL.Compartiron con nós unhas riquissssissssimas tortas de chocolate. PARABÉNS...!!!  PARA AMBOS.


TEMPO DE TEATRO

Comezaron as VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar nas que participamos.
O pasado día 7 de maio , o noso cole foi un dos catro que representron magníficamente a súa obra.
Felicidades .....!!!  a todos e todas que participaron.


https://plus.google.com/photos/100731446003620478278/albums/6146535390556919601?banner=pwa 
Para ver FOTOS preme na imaxe


jueves, 7 de mayo de 2015

" La tortuga "

Seguindo co ciclo de  conferencias, a nosa compañeira Uxía Bazarra Moldes , falounos da tartaruga. É unha auténtica experta no tema , ela mesma ten varias como mascotas. Trouxonos unha das súas tartarugas para que poidesemos observala ben coas nosas lupas . Dixonos  como eran , que comían, como  se reproducían.... Tamáen poidemos ver un video de como nacen.  PARABÉNS....!!!!  por a túa conferencia .




lunes, 4 de mayo de 2015

O maio de Mestres Goldar

Celebramoa a festa do " maio " no cole. Ben lucido quedou co seu colorido e coroa en forma de bombilla que ilumminaba este especial maio. Todos os nenos e nenas trouxemos fiuncho, flores, limóns, laranxas....
Cantamoslle unhas coplas e para a festa enfeitamonos con coroas, pulseiras e ata colares de flores. Pasámolo moi ben!!!   Preme no Mik para ir o seu recanto.

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/
Ver  fotos da elaboración do maio.
Ver  fotos da festa dos " maios ".

lunes, 27 de abril de 2015

ANIVERSARIO DE ALBA

Hoxe celebramos o aniversario de Alba . Cantamoslle unhas cancións e trouxonos lambetadas para todos.
PARABÉNS ALBA....!!!

jueves, 23 de abril de 2015

ANIVERSARIO DE CANDELA

"Hoy que es jueves es mi cumpleaños he traído magdalenas con chocolate y virutas de colores, había cinco magdalenas con las letras de mi nombre hechas en fondant, no quedó ni una ".
 
  Sorprendeunos cunha tarta moi orixinal . E estaba riquisssiiiisimaaa....!!!! PARABÉNS...!!!